Amosando publicacións coa etiqueta 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2018. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de maio de 2018

V CAMPIONATO DE GÓLEBOL


E sen marxe de descanso, ó día seguinte de rematar o campionato de Bases, deu comezo o quinto campionato de Gólebol. Este ano, por primeira vez, as inscricións dos equipos realizáronse por correo electrónico. Dado que o sistema funcionou moi ben, este será o método de inscrición en futuros campionatos.

Para quen non coñeza o Gólebol, é un deporte realmente divertido, participativo e moi atractivo tanto para xogadores/as como para o público. Está baseado no Colpbol, do cal se diferencia por varias modificacións nas regras básicas.


Este é o tríptico que se lle entrega a cada xogador/a 




Os equipos inscritos:



O calendario de partidos e resultados da liga regular:


Na medida do posible tentarei ir actualizando os resultados semanalmente.



CLASIFICACIÓN FINAL LIGA REGULAR




BREVE MOSTRA DO AMBIENTE VIVIDO NUNHA DAS SEMIFINAIS







O xoves 21, terá lugar a entrega de diplomas de tódolos campionatos disputados ó longo do curso.







Os partidos das finais non adoitan ser os máis chamativos en canto a xogo. Os nervos, a tensión competitiva, a grada chea de público... son condicionantes que afectan a xogadores e xogadoras. O que sí podemos afirmar é que posiblemente resultou ser a final máis reñida e desputada das xogadas ata o momento. Por un resultado de 1 - 0, o equipo THE SHARKS, acadou a victoria. 
Parabéns, tanto a eles como a tódolos equipos que participaron. Todo un exemplo de saber gañar, e saber perder. 


THE SHARKS


LOS REPOLLOS


PODES VER O PARTIDO COMPLETO NO SEGUINTE VÍDEO






FOTO DA FINAL DO IV CAMPIONATO XOGADO NO 2017





martes, 24 de abril de 2018

II Campionato de Bases Ceip de Tarrío



Este ano, por mor de diversos contratempos, tivemos que organizar un Torneo de Bases en lugar dunha Liga, o cal quere dicir que os partidos eran eliminatorias directas ata acadar dous finalistas.
Non é o formato preferible, pero dado que o fin de curso se nos botaba enrriba houbo que decantarse por esta opción.









































Os equipos participantes:



A final foi disputada entre LOS ZUMBAOS e BOLA INFERNAL a dúas rondas. Os resultados foron:

1ª Ronda:
LOS ZUMBAOS 6 - 2 BOLA INFERNAL
2ª Ronda
LOS ZUMBAOS 8 - 0 BOLA INFERNAL


En consecuencia, e cun marcador final de 14 - 2, Los Zumbaos proclamáronse vencedores/as do torneo de bases 2017/18.

Noraboa!


Os equipos finalistas






Os equipos finalistas da I Liga de Bases (2016-2017)

Los Pokeball (Campión)



Bola Loca (Subcampión)




martes, 3 de abril de 2018


 PRESENTACIÓN


Dende o curso  2013/2014 organizo campionatos deportivos durante os recreos no Ceip de Tarrío (Culleredo).
O que comezou cun só campionato (Gólebol), evolucionou á disputa de tres campionatos durante o curso escolar. Máis ou menos coincidindo con cada un dos tres trimestres lectivos.
Tanto o Voleitenis, como Bases, como Gólebol, son deportes que teñen como características comúns a innovación nas súas reglas, a cooperación necesaria entre xogadores/as, e o feito de ser totalmente descoñecidos (cada vez menos) e liberados dos prexuizos que, tristemente, xa impregnan moitos outros deportes "de masas".


Este ano levamos a cabo no Ceip de Tarrío a III Liga de Voleitenis.
Inicio este blog coa liga recentemente rematada, o cal supón unha ocasión ideal para iniciarme no mundiño dos blogs, e comprobar se realmente resulta de utilidade para os xogadores/as (pasados, actuales e futuros).