martes, 24 de abril de 2018

II Campionato de Bases Ceip de Tarrío



Este ano, por mor de diversos contratempos, tivemos que organizar un Torneo de Bases en lugar dunha Liga, o cal quere dicir que os partidos eran eliminatorias directas ata acadar dous finalistas.
Non é o formato preferible, pero dado que o fin de curso se nos botaba enrriba houbo que decantarse por esta opción.









































Os equipos participantes:



A final foi disputada entre LOS ZUMBAOS e BOLA INFERNAL a dúas rondas. Os resultados foron:

1ª Ronda:
LOS ZUMBAOS 6 - 2 BOLA INFERNAL
2ª Ronda
LOS ZUMBAOS 8 - 0 BOLA INFERNAL


En consecuencia, e cun marcador final de 14 - 2, Los Zumbaos proclamáronse vencedores/as do torneo de bases 2017/18.

Noraboa!


Os equipos finalistas






Os equipos finalistas da I Liga de Bases (2016-2017)

Los Pokeball (Campión)



Bola Loca (Subcampión)




martes, 3 de abril de 2018


 PRESENTACIÓN


Dende o curso  2013/2014 organizo campionatos deportivos durante os recreos no Ceip de Tarrío (Culleredo).
O que comezou cun só campionato (Gólebol), evolucionou á disputa de tres campionatos durante o curso escolar. Máis ou menos coincidindo con cada un dos tres trimestres lectivos.
Tanto o Voleitenis, como Bases, como Gólebol, son deportes que teñen como características comúns a innovación nas súas reglas, a cooperación necesaria entre xogadores/as, e o feito de ser totalmente descoñecidos (cada vez menos) e liberados dos prexuizos que, tristemente, xa impregnan moitos outros deportes "de masas".


Este ano levamos a cabo no Ceip de Tarrío a III Liga de Voleitenis.
Inicio este blog coa liga recentemente rematada, o cal supón unha ocasión ideal para iniciarme no mundiño dos blogs, e comprobar se realmente resulta de utilidade para os xogadores/as (pasados, actuales e futuros).