Abrimos inscrición para o cuarto campionato de Bicho. Un deporte deseñado para adaptarse ó noso miniximnasio, sendo único porque se xoga en diagonal (para aproveitar o espazo).
Poderán participar rapaces e rapazas de 5º e 6º.
Cada equipo estará formado por 8 xogadores (4 nenas e 4 nenos), debendo ser 4 membros do equipo de 5º e 4 de 6º.
Por necesidade organizativa algúns equipos poderán contar con 9 xogadores/as, pero nese caso será ó finalizar o prazo de inscrición e a criterio do organizador.
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 23 DE XANEIRO
Os equipos presentarán inscrición a través do enderezo electrónico: davidrv@ceipjuanadevega.com facendo constar nome e apelidos dos xogadores/as así como curso e nome do equipo.
Definición
Bicho é un deporte colectivo de invasión ideado para adaptarse ás reducidas dimensións do ximnasio do colexio.
Participan dous equipos mixtos formados por 5 xogadores/as de campo (un deles o bicho), empregando todo o espacio disponible da pista do ximnasio.
Cada equipo ten na esquina dunha diagonal da pista unha zona ("bichero") delimitada por unha colchoneta colocada en forma de "U", e defendida dende dentro por un xogador/a do equipo ("bicho"). A finalidade é introducir a pelota no "bichero" contrario a base de lanzamentos.
Reglamento
A habilidade básica do Bicho é o pase. A pelota só se pode xogar a base de pases e lanzamentos, xa que (regla fundamental), ningún xogador/a pode desplazarse coa pelota na man (só poden pivotar).
Os/as xogadores/as en posesión da pelota dispoñen de 5 segundos para lanzar/pasar. Superar ese tempo supón que o equipo contrario recupere a posesión e saquen de centro.
Os bichos só poden moverse por dentro do bichero. Se o bichero cae por contacto do bicho ou dun xogador/a do seu equipo, o equipo contrario sumará un punto.
Os bichos poden deter os lanzamentos con calquera parte do corpo, pero non poden reter o balón en ningún caso.
Está prohibido:
● Dar pasos coa pelota na man --> falta (saque de centro)
● Toque intencionado con pernas ou pés --> penalti
● Empurrar, agarrar, golpear a un xogador/a --> penalti+2’mínimo exclusión
● Golpear o balón co puño pechado. --> penalti
● Bicho: reter o balón cunha ou ambas mans. --> penalti
● Invadir o recadro central cando un equipo vai efectuar un saque -- > penalti
● Lanzar a bichero dende dentro da área --> falta. Saca o bicho.
● Pasar ou lanzar o balón con un pé, ou ambos, no aire ou en desprazamento -->saca o bicho.
Saques:
● Saque de inicio: salto entre dous.
● Saque de punto: o bicho pon en xogo a pelota.
● Falta: o xogador/a máis cercano á pelota fai o saque dende dentro do recadro central da pista. Pode pasar ou lanzar directamente a bichero. Ningún outro xogador/a pode invadir esa zona central antes do saque.
● Penalti: No lanzamento de castigo (penalti) o lanzador situarase detrás da liña de área. O resto de xogadores/as igualmente por detrás da liña de área. Cando o árbitro dé a orde, o lanzador poderá efectuar o lanzamento.
Reglamento do campeonato
- En función do número de equipos inscritos, a competición constará dunha liga de un grupo ou dous.
- Cada equipo irá rotando ó seu capitán/a en cada partido, de modo que ninguén pode repetir capitanía se alguén do seu equipo falta por selo.
- O capitán de cada equipo en cada xornada fai as veces de bicho durante todo o partido, e non se pode substituir durante o xogo.
- Os partidos xogaranse cada día no tempo de recreo. O tempo de xogo será o disponible en función da hora de presentación dos equipos. Se transcurridos 10 minutos da hora de recreo, un ou os dous equipos non dispoñen dun mínimo de 5 xogadores/as, considerarase non presentados, o cal supón a pérdida do partido.
- Cando se cumpla a metade do tempo disponible, o árbitro deterá o xogo para poder facer as substitucións de xogadores do banquillo. Se os 8 xogadores/as do equipo están presentes, 3 dos xogadores en pista cederán o seu peto ós 3 xogadores do banco para que podan ter os mesmos minutos de xogo. Só o bicho e un dos xogadores/as (decidido antes do inicio do partido) pode disputar o tempo íntegro de xogo.
- Por motivos de cansanzo ou lesión, calquera xogador/a pode pedir a substitución en calquera momento do partido.
- Se nalgún momento do partido, un equipo alcanza unha diferenza de 10 puntos sobre o outro, o partido rematará por "KO Deportivo".
Regla fundamental: trátase dun deporte divertido, moi intenso e competitivo, pero hai que saber entender a competitividade. É marabillosa cando se sabe gañar e perder, pero totalmente nociva cando non se sabe.
Calquera conducta antideportiva, xa sexa verbal ou física, conlevará unha sanción para o xogador/a e/ou o seu equipo.
Trátase dun campionato entre compañeiros/as, no cal os obxectivos son coñecer un novo deporte e desfrutar competindo.
EQUIPOS INSCRITOS
.LOS POTATOS
, Carla Vicente Meier 6ºC, Gabriel Vilela 6ºB, Iago Volmark 6ºC, Marco Miranda 5ºC, Ariadna 5ºC, Guillermo M. 5ºC, Adriana 5ºA, Mateo 6ºBLOS BICHEROS FACHEROS: Alejandro Mitsakos 6ºB, Guillermo Rego 6ºB, Luka Cancela 6ºB, Amets Sainz 6ºB, Elisa Franco 5ºC, Paula Castro 5ºA, Carla Paredes 5ºA, Emma 6ºB, Gael 6ºC.
.LOS BICHOS PERUANOS: Dairon S 6ºB, Joao G 6ºA, Simón A 5ºB, Dominic B 5ºB, Valentina 5ºA, Eva 6ºC, Adrián O. 5ºC, Luca R. 6ºC, Vera 6ºA
LOS BICHERITOS: Nahia Miño 6B, Marcos Sandá 5A, Pedro Varela 5A, Mauro Alonso 5B, Manuela Rodriguez 6ºA, Manuela Grela 6C, Naiara Alonso 6C, César Seoane 5A, Valentina 6ºB
9/2 LOS POTATOS VS LOS BICHOS PERUANOS 1-3
6/2 LOS BICHEROS FACHEROS VS LOS BOOMBOKLAT 0-2
10/2 LOS BICHERITOS VS THE FRANKYS 6-1
25/2 LOS ANIKILEITORS VS LOS RATONES VOLADORES 4-1
26/2 LOS POTATOS VS LOS BICHERITOS 4-8
23/2 LOS BICHEROS FACHEROS VS LOS ANIKILEITORS 3-3
27/2 LOS BICHOS PERUANOS VS THE FRANKYS 5-3
2/3 LOS BOOMBOKLAT VS LOS RATONES VOLADORES 3-9 (-1)
4/3 LOS POTATOS VS THE FRANKYS 2-2
3/3 LOS BICHEROS FACHEROS VS LOS RATONES VOLADORES 8-5
5/3 LOS BICHOS PERUANOS VS LOS BICHERITOS 9-7
6/3 LOS BOOMBOKLAT VS LOS ANIKILEITORS 1-4
10/3 Los Bichos Peruanos(1ºG1) vs Los Ratones Voladores(4ºG2): 2-4
12/3 Los Bicheritos(2ºG1) vs Los Boomboklat(3ºG2): 4-6
13/3 Los Bicheros Facheros(2ºG2) vs Los Potatos(3ºG1): 4-4
LOS BOOMBOKLAT: María B 5ºB, Irene G. 5ºA, Elha 5ºA, Sabela 5ºB, Ian Luka 6ºA, Otto 6ºA, Cruz 6ºB, Iago C. 6ºA, Francisco 5ºC, Luz 6ºA
LOS ANIKILEITORS: Teo 5ºA, Hugo F. 5ºC, Simón 5ºA, Leo F. 6ºA, Joel 5ºA, Hugo G. 6ºC, Leo C. 5ºC, Sasha 6ºC, Uxío 6ºC.
LOS RATONES VOLADORES: Hugo G. 5ºC, Matías S. 5ºB, Roque 5ºB, Óscar 6ºC, Pedro 6ºC, Leo D. 5ºB, Iago 5ºC, Miguel 5ºC, Simón 6ºC.
THE FRANKYS: Artai 5ºA, Livia 5ºB, Anxo 5ºB, Yurena 6ºB, Maikel 6ºB, Telma 6ºB, Pablo M. 6ºC, Leo G. 5ºA. Ian 5ºB.
CALENDARIO DE PARTIDOS
GRUPO 1
|
EQUIPO |
A FAVOR |
EN CONTRA |
XOGADOS |
PUNTOS |
|
LOS POTATOS |
|
|
|
|
|
LOS BICHOS PERUANOS |
|
|
|
|
|
LOS BICHERITOS |
|
|
|
|
|
THE FRANKYS |
|
|
|
|
GRUPO 2
|
EQUIPO |
A FAVOR |
EN CONTRA |
XOGADOS |
PUNTOS |
|
LOS BICHEROS FACHEROS |
|
|
|
6(2º) |
|
LOS BOOMBOKLAT |
|
|
|
|
|
LOS ANIKILEITORS |
|
|
|
|
|
LOS RATONES VOLADORES |
|
|
|
|
FOTOS DE EQUIPO
(irase actualizando)
ELIMINATORIA DE CUARTOS DE FINAL
(en caso de empate pasa o mellor clasificado en grupos)
16/3 Los Anikileitors(1ºG2) vs The Frankys(4ºG1):
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Enderezo de contacto: davidrv@ceipjuanadevega.com