domingo, 17 de marzo de 2019

VI LIGA DE GÓLEBOL


¡Xa disponible o vídeo da final! (non era sen tempo :D )

Saúdos a todos/as e benvidos/as a unha nova edición dun clásico do Ceip de Tarrío. A liga de Gólebol. 

Penso que a estas alturas, todos/as coñecedes xa este deporte, e anímovos a participar e a pasalo o mellor posible formando parte dun equipo.

Como sabedes, sigo de baixa, pero nos próximos días irei actualizando o blog para poñer o reglamento e as datas de inscrición na liga. Lembrade que, como nos derradeiros campionatos, o sistema de inscrición será a través de email.

Como moitos/as de vós, todavía non contades cun enderezo de email, dareivos a posibilidade de inscribir os vosos equipos a través de mensaxe de Edixgal, ou neste mesmo blog (enviando comentario ou mensaxe privada).

Calquera dúbida que teñades, podédela plantexar por eses mesmos medios.


ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN!



REGLAMENTO DA LIGA


- Poderán participar equipos de 5º e 6º

- Cada equipo constará dun mínimo de 10 xogadores (8 de campo) e un máximo de 13.

§En cada partido haberá 2 pausas para cambios. Todos os xogadores/as do equipo deben participar no partido, 
en caso contrario daráselle por perdido. O tempo de xogo debe ser equitativo.

- Os equipos deberán ser mixtos, con igual número de rapaces e de rapazas. Só en caso de ser impares 
haberá excepción.

§  Xogando haberá sempre 4 xogadoras e 4 xogadores. Se un equipo non pode cumprir esta norma, xogarían en inferioridade numérica.

- Cada equipo presentará a inscrición coa relación de xogadores/as e un nome de equipo escollido entre 
todos os membros do equipo (non se permitirán nomes relacionados con equipos de fútbol, nomes ofensivos, 
etc.).
A inscrición pódese facer:
  • Por email: campeonatos.cole@gmail.com
  • Por mensaxe de Edixgal
  • Por mensaxe ou comentario no blog
Lembrade que tendes que recibir unha mensaxe/email de confirmación de que estades inscritos. Se non o recibides en 48 horas, volvede a intentalo.

O prazo para presentar o equipo será ata o venres 5 de Abril.


- O sistema de “competición” será o de torneo ou liguiña en un ou dous grupos (dependendo do número de equipos inscritos). Os resultados publicaranse nos taboleiros do centro.
§  3 puntos victoria / 2 puntos empate / 1 punto derrota.

- Os partidos levaranse a cabo no tempo do recreo pequeno no pavillón e a duración dependerá do tempo disponible.

§  A final xogarase a finais de curso.

- É obrigatorio saudar dando a man a tódolos xogadores/as do equipo contrario e ó árbitro antes de 
comezar, e tras rematar o partido, en caso contrario pode dar lugar a sancións (perda de puntos, partidos
 de suspensión e mesmo a exclusión do equipo da competición).

§  Os “malos modos”, protestas reiteradas, conducta antideportiva, etc. poden dar lugar a sancións 
en forma de tarxeta (amarela, azul ou vermella) e mesmo exclusións da competición.

- O árbitro dos encontros agardará un máximo de 10 minutos polos equipos na porta azul que leva 
ó pavillón.

Baixo ningunha circunstancia se poderá acceder ó pavillón sen estar acompañados por un/unha 
mestre/a unha vez pechada a porta nin portando bebidas/comidas.



Lembrade: Trátase dun campionato entre compañeiros/as, no cal os obxectivos son coñecer un novo 
deporte e desfrutar competindo.





EQUIPOS INSCRITOS



Xa que este será o meu derradeiro campeonato no colexio de Tarrío, tentarei que sexa en formato liga,
en vez de con eliminatorias directas. Para elo, precisamos aproveitar todos os días disponibles.
Unha vez rematada a liguiña de cada grupo, os 4 equipos do grupo 1 cruzaranse en eliminatoria de
cuartos de final, cos 4 equipos clasificados do segundo grupo .

Estade moi atentos/as ó blog, porque as datas dos partidos poden cambiar dun día para outro en función 
de se tedes outras actividades nos recreos.


AVISO IMPORTANTE: O FEITO DE XOGAR A LIGA OU ASISTIR COMO PÚBLICO NON EXIME DE POÑER AS MESAS DO COMEDOR. A XORNADA DO LUNS QUEDA SUSPENDIDA. SE SEGUEN OS PROBLEMAS HABERÁ QUE CANCELAR A COMPETICIÓN

CALENDARIO DE PARTIDOS


Martes 23 Abril
LOS TOMATOIDES - OS PIÑÓNS: 1 - 0 

Mércores 24 Abril
THE FRIENDS - THE TEAM ILLUMINATI: 0 - 0

Xoves 25 de Abril
BOYGIRL - TARRÍO BULLS: 0 - 0 

Venres 26 de Abril
LOS AGUACATES - LOS ABDUSKAN: 2 - 0

Martes 30 de Abril
THE FRIENDS - THE SHARKS: 0 - 9

Xoves 2 de Maio
LOS TOMATOIDES - BOYGIRL: 0 - 2

Venres 3 de Maio
THE TEAM ILLUMINATI - LOS AGUACATES: 0 - 1 

Luns 6 de Maio
LOS ABDUSKAN - THE SHARKS: 2 - 3

Martes 7 de Maio
OS PIÑÓNS - TARRÍO BULLS: 0 - 2

Mércores 8 de Maio
THE FRIENDS - LOS AGUACATES: 1 - 8

Xoves 9 de Maio
OS PIÑÓNS - BOYGIRL: 0 - 2 

Venres 10 de Maio
THE TEAM ILLUMINATI - LOS ABDUSKAN: 1 - 0

Martes 14 de Maio
LOS AGUACATES - THE SHARKS: 0 -1

Mércores 15 de Maio
THE FRIENDS - LOS ABDUSKAN: 0 - 5 

Xoves 16 de Maio
THE TEAM ILLUMINATI - THE SHARKS: 2 - 1

Martes 21 de Maio
LOS TOMATOIDES - TARRÍO BULLS: 0 - 3 (non presentados)



CLASIFICACIÓN GRUPO 1



XOGADOS
GOLES FAVOR
GOLES CONTRA
PUNTOS

LOS TOMATOIDES

3

1

5

5

OS PIÑÓNS

3

0

5

3

BOYGIRL

3


4

0

8

TARRÍO BULLS

3

5

0

8



CLASIFICACIÓN GRUPO 2


XOGADOS
GOLES FAVOR
GOLES CONTRA
PUNTOS

THE FRIENDS (5º)

4

1

22

5
THE TEAM ILLUMINATI (3º)

4

3

2

9
LOS AGUACATES (2º) 

4

11

2

10

LOS ABDUSKAN (4º)

4

7

6

6

THE SHARKS (1º)

4

14

4

10




ELIMINATORIAS DE CUARTOS DE FINAL



MERCORES 22 DE MAIO: 

TARRIO BULLS (1º) - LOS ABDUSCAN (4º): 3-0 (non presentados)


VENRES 24 DE MAIO: 

THE SHARKS (1º) - OS PIÑÓNS (4º): 7-0


LUNS 27 DE MAIO:

BOYGIRL (2º) - THE TEAM ILLUMINATI (3º): 1 - 0


MARTES 28 DE MAIO

LOS AGUACATES (2º) - LOS TOMATOIDES (3º): 2 - 0


SEMIFINAIS

MÉRCORES 29 DE MAIO
THE SHARKS (1º) - BOYGIRL (2º): 4 - 1


XOVES 30 DE MAIO

TARRÍO BULLS (1º) - LOS AGUACATES (2º): 0 - 3 





FINAL DE CONSOLACIÓN - 3º e 4º POSTO

LUNS 3 DE XUÑO

BOYGIRL - TARRÍO BULLS: 0 - 0





GRAN FINAL

Queda aprazada a segunda parte da final por enfermidade do árbitro (fíxenme vello de golpe). A data será o martes 18 (confirmado)

Mércores 12 (1ª parte) e martes 18 (2ª parte) 

THE SHARKS - LOS AGUACATES

1ª Parte: 2 - 1

2ª Parte: 1 - 2


   Emocionantísima final a que vivimos este ano. Dous auténticos equipazos que, pese ós nervos que atenazan os brazos e as pernas nestas ocasións, foron quen de brindar un espectáculo formidable. Unha primeira parte para The Sharks, e unha segunda parte na que Los Aguacates souberon xogar co marcador en contra e poñerse por riba 3-2. Como non podía ser menos, The Sharks apretaron e conseguiron equilibrar de novo o partido. 3-3, un marcador co que se chegou á tanda de penaltis. 
Pese a que no Gólebol, o penalti require dunha habilidade especial que premia a técnica e a estratexia no lanzamento, sempre resulta doloroso para o equipo non gañador. Lembrade o que vos dixen sempre: as victorias saben moitísimo mellor cando sabemos o que é perder, e maís aínda cando sabemos perder. Dende logo para mín, sodes todos e todas uns campións do xogo limpo e da deportividade. Non podo estar máis orgulloso.  Grazas.




1ª PARTE DA FINAL


2ª PARTE DA FINAL


Proximamente porei á vosa disposición un enlace para que podades descargar a final con maís calidade de video, xa que o blog non o permite.


























Equipos participantes

OS PIÑÓNS

LOS TOMATOIDES 

THE TEAM ILLUMINATI 

THE FRIENDS 

BOYGIRL 

TARRÍOBULLS

LOS AGUACATES 

LOS ABDUSKAN 

THE SHARKS 







xoves, 17 de xaneiro de 2019

III Campeonato de Bases

E mentras se disputan as fases finais do campionato de Guasap, aproveito para poñer en marcha o  campionato de Bases, un deporte que moitos/as xa coñecedes por ser esta a súa terceira edición.

A continuación tendes as bases (nunca mellor dito) da competición:



AVISO: Debido a unha inoportuna lesión, vou ter que ausentarme do colexio varias semanas. En función do tempo que tarde en recuperar, mirarei se é posible levar a cabo a liga de bases, ou se ten que ser en formato "copero" (eliminatorias directas). En todo caso, mantereime en contacto con vos a través do blog. Calqueira dúbida que teñades podédela plantexar enviando comentarios.

ACTUALIZACIÓN:
Dado o tempo necesario para recuperar por completo, vai ser imposible poñer en marcha as dúas ligas que faltaban por desputar : Bases e Gólebol, e só poderemos levar a cabo unha delas. Tendo en conta que só recibín a inscrición de 3 equipos de Bases, entendo que a maioría de vós preferides a liga de Gólebol, co cal nos próximos días irei actualizando o novo campionato. 
Desculpas ós/ás xogadores/as que agardaban xogar a liga de Bases. 

luns, 29 de outubro de 2018

I LIGA DE GUASAP
AVISO: XA TEDES DISPONIBLE O VÍDEO DA FINAL

   Metidos xa de cheo no curso 2018/2019, comeza unha nova competición, a liga de Guasap. Un xogo divertido que non require de máis material que unha pelota (a ser posible dun tamaño que permita manexala cunha man).
   A continuación, déixovos o reglamento oficial do xogo (suxeito a posibles cambios, dado que se trata dun novo deporte e podémolo mellorar entre todos/as). Lembrade que podedes ampliar as imaxes premendo nelas.




  Esta é a convocatoria da liga:


 
   E, como non, os equipos (equipazos diría eu) inscritos na liga:



  Velaquí vos deixo o calendario de partidos da fase regular da liga xunto coas datas dos partidos. Irei actualizando as datas conforme avancen os partidos. Estade atentos/as!
 Unha vez finalizada a liga, terán lugar os cruces das eliminatorias:


CALENDARIO PARTIDOS GUASAP
DATA                             
RESULTADO
THE MINOTAURS VS LOS CAVERNÍCOLAS
Luns 5/11
9 - 2
LOS YETIS VS LOS GALAXYS
Martes 6/11
5 - 2
LOS EMOJI VS THE PINK PANTHER
Mércores 7/11
5 - 9
LOS MANOLOS VS THE GOLDEN WARRIORS
Xoves 8/11
10 - 1
THE MINOTAURS VS LOS INVENCIBLES
Venres 9/11
10 - 6
LOS YETIS  VS THE SCUAD MAYONESA
Luns 12/11
7 - 10
LOS CAVERNÍCOLAS VS LOS EMOJI
Martes 13/11
3 - 9
LOS GALAXYS  VS LOS MANOLOS
Mércores 14/11
4 - 11
THE PINK PANTHER VS LOS INVENCIBLES
Xoves 15/11
4-7
GOLDEN WARRIORS VS THE SCUAD MAYONESA
Venres 16/11
8-6
THE MINOTAURS VS LOS EMOJI
Luns 19/11
8-4
LOS YETIS  VS LOS MANOLOS
Xoves 22/11
2-12
LOS CAVERNÍCOLAS VS THE PINK PANTHER
Venres 23/11
8-14
LOS GALAXYS  VS THE GOLDEN WARRIORS
Luns 26/11
4-6
LOS EMOJI VS LOS INVENCIBLES
Mércores 28/11
7-4
LOS MANOLOS VS THE SCUAD MAYONESA
Xoves 29/11
8-7
THE MINOTAURS VS THE PINK PANTHER
Mércores 12/129-10
LOS YETIS VS THE GOLDEN WARRIORS
Martes 4/12 3-0 (non presentados)
LOS CAVERNÍCOLAS VS LOS INVENCIBLES
Luns 10/12 5-7
LOS GALAXYS  VS THE SCUAD MAYONESA
Martes 11/12 8-6




























Tristemente, debido a unha inoportuna lesión, temos que pospoñer o inicio da liga. Agardo que a vindeira semana xa podamos dar comezo. Ide entrenando! :)

Por falta de tempo non podo garantizar que os anuncios dos partidos se realicen no taboleiro do cole, así que permanecede atentos a este blog. É a canle principal de comunicación cos equipos (e co público en xeral). Consultadeo de cando en cando para mantervos informados/as!



CLASIFICACIÓN 

          Grupo 1                                                                
  
Equipo
Partidos 
Guasaps +
  Guasaps -
Puntos
THE MINOTAURS
              2º
36 
42 
10 
LOS
CAVERNÍCOLAS
           5º
4
18 
39 
LOS EMOJI
            3º
25 
24 
THE PINK
PANTHER
            1º
37 
29
10 
LOS
INVENCIBLES
            4º
4
24 
26 
                              




  







Grupo 2 
  
Equipo
Partidos 
Guasaps +
  Guasaps -
Puntos
LOS YETIS
             3º
17 
24 
LOS GALAXYS
             5º
4
18
28 
LOS MANOLOS
            
4
41
14
12 
THE GOLDEN
WARRIORS
            2º
 4
15
23 
7
THE SCUAD
MAYONESA
            4º
4
 29
 31
6





EN VERMELLO OS EQUIPOS CLASIFICADOS PARA AS ELIMINATORIAS DE CUARTOS DE FINAL



VENRES 14 DE DECEMBRO: 1º PARTIDO DE CUARTOS DE FINAL

LOS MANOLOS (1º GRUPO 2)--------11

LOS INVENCIBLES (4º GRUPO 1)---2


MÉRCORES 9 DE XANEIRO: 2º PARTIDO DE CUARTOS DE FINAL

THE PINK PANTHER (1º GRUPO 1)-------5

THE SCUAD MAYONESA (4º GRUPO 2)--2


XOVES 10 DE XANEIRO: 3º PARTIDO DE CUARTOS DE FINAL

THE GOLDEN WARRIORS (2º GRUPO 2)--1

LOS EMOJI (3º GRUPO 1)------------------------8
 


VENRES 11 DE XANEIRO: 4º PARTIDO DE CUARTOS DE FINAL

LOS YETIS (3º GRUPO 2)--non presentados

THE MINOTAURS (2º GRUPO 1)


En vermello os equipos clasificados para semifinais.



O luns 14 terá lugar o sorteo dos partidos de semifinais. 

Ás 11:20 enfrente da porta arcoiris.


EMPARELLAMENTOS DE SEMIFINAIS:

LOS MANOLOS VS THE MINOTAURS 
martes 15 (1ª parte): 9 - 6
mércores 16 (2ª parte): 9 - 11

Los Manolos 18 - 17 The Minotaurs

PINK PANTHER VS LOS EMOJI 
xoves 17 (1ª parte): 8 - 3
venres 18 (2ª parte): 5 - 11

Pink Panther 13 - 14 Los Emoji

    Verdadeiramente impresionantes as semifinais que vivimos! Penso que nos tropecentos anos que ten o pavillón de Tarrío, xamáis se viviron tales cotas de emoción e nervos.En ambas semifinais, houbo unha primeira parte cun claro dominio por parte dun dos equipos, pero o bonito deste xogo, é que en calquera momento a situación pode cambiar. Deste xeito, partidos que parecían decididos, remataron na primeira semifinal cun "Guasap de ouro" (o primeiro equipo en convertir punto accedía á final) e na segunda semifinal cunha remontada para a historia por parte dun equipo que chegou a ir 6 guasaps abaixo no marcador, e que se puxo por diante na eliminatoria no derradeiro segundo de partido.Noraboa ós 4 equipos, e moita sorte ós finalistas. Mención especial á exquisita deportividade amosada polos equipos que se quedaron ás portas da final: sodes uns/unhas cracks!


 Luns 21 Final de consolación: 3º/4º posto

The Minotaurs 16 - 3 Pink Panther



GRAN FINAL

LOS MANOLOS - LOS EMOJI

Xoves 24 (1ª PARTE): 12 - 7 
Venres 25: 2ª PARTE 8 - 3

LOS MANOLOS 20 - 10 LOS EMOJI


CLASIFICACIÓN FINAL:

Campión: LOS MANOLOS

Subcampión: LOS EMOJI

Terceiro clasificado: THE MINOTAURS

Cuarto clasificado: THE PINK PANTHER












THE SCUAD MAYONESA


LOS INVENCIBLES


LOS MANOLOS

THE GOLDEN WARRIORS


LOS EMOJI 


THE MINOTAURS


THE PINK PANTHER



VÍDEO DA GRAN FINAL (2 partes)