Amosando publicacións coa etiqueta VOLEITENIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VOLEITENIS. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de abril de 2018


 PRESENTACIÓN


Dende o curso  2013/2014 organizo campionatos deportivos durante os recreos no Ceip de Tarrío (Culleredo).
O que comezou cun só campionato (Gólebol), evolucionou á disputa de tres campionatos durante o curso escolar. Máis ou menos coincidindo con cada un dos tres trimestres lectivos.
Tanto o Voleitenis, como Bases, como Gólebol, son deportes que teñen como características comúns a innovación nas súas reglas, a cooperación necesaria entre xogadores/as, e o feito de ser totalmente descoñecidos (cada vez menos) e liberados dos prexuizos que, tristemente, xa impregnan moitos outros deportes "de masas".


Este ano levamos a cabo no Ceip de Tarrío a III Liga de Voleitenis.
Inicio este blog coa liga recentemente rematada, o cal supón unha ocasión ideal para iniciarme no mundiño dos blogs, e comprobar se realmente resulta de utilidade para os xogadores/as (pasados, actuales e futuros).