II CAMPIONATO INVASIÓN DAS LETRINAS
Invasión das Letrinas é un dos xogos que levamos a cabo na área de Educación Física, concretamente cando estamos a traballar o lanzamento de disco voador ou "frisbi".
Consiste en introducir, dende unha distancia determinada, unha serie de frisbis dentro dos vestiarios do ximnasio, tanto o masculino coma o feminino. A falta de espazo, temos que buscarnos a vida.
É un xogo que cumple con tódolos requisitos para desenvolver o seu propio campionato; entre eles: é divertido, é emocionante e traballamos unha serie de habilidades e destrezas físicas.
reglamento do campionato
Dous equipos compiten por introducir 7 Ovnis (frisbis) dentro do seu correspondente vestiario na fase 1. Unha vez introducidos os 7, desprázanse á fase 2 onde tamén deberán introducir os 7. O equipo que antes complete as dúas fases gana a ronda.
- No campionato de 3º e 4º lanzan só dende a fase 1.
Os partidos dispútanse ó mellor de 3 rondas.
. Non se pode comezar a fase 2 ata que se complete a fase 1
. Se os frisbis tocan o chan antes de entrar, o lanzador debe recollelo e entregarllo ó primeiro lanzador sen frisbi.
. Non se pode lanzar o frisbi ata que o lanzador/a anterior cruce a línea de seguridade (a línea da fase 1)
- De non cumplir esta norma, o equipo será sancionado con 30 segundos sen lanzar.
. Os frisbis que tocan no marco das portas antes de entrar son válidos.
. Os frisbis que entran e volven sair non son válidos.
. Se o frisbi entra pero queda tocando parte da zona naranxa do chan, non é válido.
. É obrigatorio seguir a mesma orde de lanzamento coa que comeza o partido. Tanto a fase 2 como as distintas rondas deben comezalas os lanzadores/as ós que lles tocaba lanzar anteriormente.
. O equipo gañador suma 3 puntos se gana 2-0, e 2 puntos se gana 2-1. A derrota suma 1 punto. Non presentarse ó partido supón 0 puntos. Non presentarse a dous partidos implica descalificación.
- Os equipos do Campionato de 3º e 4º deben estar formados por 8 xogadores de 3º e 4º mesturados ou non.
- Os equipos do Campionato de 5º e 6º deben estar formados por 8 xogadores de 5º e 6º mesturados ou non.
En ámbolos campionatos os equipos poden ser mixtos ou non, se ben é recomendable que sexan mixtos.
desenvolvemento
Os campeonatos levaranse a cabo en formato de cruces directos (se hai poucos equipos) ou en liguiña de grupos.
Unha vez rematadas as competicións, os xogadoras/es dos equipos gañadores recibirán un trofeo e un diploma. No caso dos segundos e terceiros clasificados, recibirán un diploma.
Aberto o prazo de inscrición ata o 27 de marzo

: Gael C 6ºC
, Vera C 6ºA
, Sasha H 6ºC
, Ian D 6ºC
, Pablo M 6ºC
, Óscar B 6ºC, Mauro A 5ºB
, Noa A 5ºB
, Manuela Grela 6ºC
, Iago Volkmar 6ºC, Gabriel Vilela 6ºB, Uxío Fernandez 6ºC, Manuela Rodríguez 6ºA